Para os que estades estudiando a canción "Campaneiro", que sei que sodes todos, vos deixo un pouco máis de información sobre esta melodía e uns vídeos moi divertidos para que descansedes un pouqiño, e de paso podedes aprender a letra, que está en francés.
FRÈRE JACQUES é o título da canción infantil que é orixinal de Francia, xa sabedes os nosos veciños do norte da península, e Jacques era o fraile encargado de tocar as campás.
ANTONIO VIVALDI, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.
Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.
Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, pero tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.
Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación.
O concerto titulado OUTONO ten 3 movemementos:
- 1º movememento: Allegro
- 2º movemento: Adagio molto
- 3º movemento: Allegro Aquí vos deixo uns vídeos nos que a Filarmónica de Berlín dirixida por Karajan interpreta este concerto.
Para iniciar a audición imos ver un fantástico vídeo de MÚSICA EN ALCALÁ.
Acaba de publicarse un libro con CD e DVD titulado "María Fumaça", facendo alusión ao nome co que se coñeceu ás primeiras locomotoras de vapor en Brasil.
Neste libro unha teteira vermella semella a unha locomotora que nos conduce por diferentes cancións interpretadas por artistas galegos.
Ademáis este traballo ten unha importante función integradora xa que xira en torno a Ruí, un neno con parálise cerebral severa para o que a música é unha boa terapia.
clicade na portada do libro se queredes ter máis información
Un dos temas deste libro é "A BRUXA MARUXA", co que imos traballar para aprender a bailar o vals.
CLICADE NA BRUXA PARA ESCOITAR A CANCIÓN
Aquí tendes un famosísimo vals, o da película "A bela durminte" de Disney, onde a princesa Aurora e o príncipe Felipe danzan con música de Tchaikovsky.
E para rematar déixovos o vals máis famoso do mundo, "O Danubio azul" composto por Johann Strauss (fillo) no ano 1867. Trátase da versión ofrecida no Concerto de Aninovo do ano 2011 pola Filarmónica de Viena.
Hoxe, martes 13 de novembro e dez anos despois da traxedía do afundimento do petroleiro Prestige reanúdase a vista para esclarecer os feitos e depurar responsabilidades (moito me temo que esto vai ser imposible...).
Este feito sumiu a toda Galicia e a boa parte do mundo nun clima de terrible tristeza ao ver as nosas costas e aos nosos animais cubertos de chapapote.
O manto negro estendeuse como a noite durante moitos días pero para contrarrestar estendeuse tamén ese outro manto branco dos voluntarios que de todas partes do mundo chegaron ás nosas terras para axudarnos na traxedia.
GRAZAS a todos eles e a todas as persoas que dunha forma ou doutra colaboraron con nos durante moitos meses!!!!
Clicade na imaxe para saber como se desenvolveron os feitos.
Eses foron uns días que nunca olvidaremos e a escola non estivo ao marxe do que sucedía. Traballamos sobre o que pasara, fixemos actividades reivindicativas, manifestacións, etc, e na clase de música fixemos un rap que foi cantado e ilustrado polos alumnos de 3º curso de primaria, hoxe en día xa uns mozos.
Por aquel entonces non utilizábamos as TIC e o traballo foi un libro coa canción. Aquí volo deixo dixitalizado para que os que xa o coñecedes lle dedes un repaso e para que aqueles que érades moi pequenos ou que ainda non nacérades poidades aprendelo.
Con esta canción, que é moi popular, imos repasar o concepto de canon.
Lembrade que o canon é unha composición musical formada por dúas ou máis voces que van entrando unha despois de outra interpretando todas a mesma melodía.
Tocarémolo con metalófonos, xilófonos, carillóns e frautas.
Antes de tocar a canción aquí tendes un xogo para estudiar a partitura!!!
Déixovos primeiro a partitura coa melodía e despois a partitura co canon a dúas voces, ainda que seguramente farémolo a tres voces.
Neste inicio de curso estamos repasando a duración das figuras musicais. Se pasades o rato a carón de cada figura teredes información sobre a súa duración.
Para rematar deíxovos un vídeo moi simpático que nos fala das figuras e que penso vos gustará a todos, pequenos e grandes.
A Asociación de Gaiteiros Galegos realizou un proxecto chamado "PELO GATO 24" no que recolleu xogos e cantigas tradicionais galegas.
Clicade na imaxe para ter máis información sobre este documento.
A canción que estamos traballando no 2º ciclo é " A VACA MARELA".
Conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!
A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como "rubia gallega", porque e de cor marrón clariño e non ten manchas.
AGORA IMOS COA CANCIÓN, clicade na imaxe para vela, ah e atención porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores ...
Durante este curso imos traballar con diferentes cancións pertencentes ao libro de Susa Herrera "ANIMAIS ENCANTADORES".
O animal que se achega a nos para pasar un rato divertido cos nenos de 5 anos é o porquiño.
Xa o curso pasado aprenderon a canción "Os tres porquiños e o lobo" pero agora parece que o lobo quedou a durmir na casa porque aquí non se lle ve por ningures.
Clicade no debuxo para escoitar a canción.
Ademais prestade moita atención ás ilustracións porque despois teredes que facer un xogo!!!
IMOS COMPROBAR SE ESTIVECHEDES ATENTOS!!!
ORDEADE AS ILUSTRACIÓNS PARA CONTARNOS QUE COUSAS LLE PASAN AO PORQUIÑO DA CANCIÓN.
O HIMNO GALEGO conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.
O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituido por "fogar de Breogán".
Esta composición foi interpretada por primeira vez no 1907 na Habana (Cuba).
Déixovos a partitura para que vaiades practicando as partes que vimos na clase.
Se clicades na bandeira de Galicia podedes escoitar o himno.
¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.